V.1.1. Adaptación a móbil e melloras de rendemento
Na versión 1.1. realizáronse os seguintes cambios (de momento só na versión html):
- Adaptación a móbil. Tan só tiven que crear dous botóns virtuais para un dos minixogos, que aparecen cando detecta unha pantalla táctil. Así pois, a versión html é agora plenamente funcional con móbiles e tabletas. - Rebaixouse significativamente a dificultade. No xogo do Gatipedro baixouse bastante a velocidade de descenso e aparición das criaturas. No minixogo de palillar, aumentouse a caixa de colisión do palillo (bastante) e diminuiuse un 25% a perda de vida por deixar pasar un fío. E no minixogo dos petróglifos aumentouse o tempo dispoñible de 60 a 70 segundos. - Por último, eliminei o efecto CRT dalgunhas secuencias para aumentar a velocidade en ordenadores menos potentes. Agora debería ir moito mellor.
Files
Get O fío da memoria
O fío da memoria
O que nos une coa comunidade nace do máis íntimo e do patrimonio compartido.
Leave a comment
Log in with itch.io to leave a comment.