O fío da memoria
O FÍO DA MEMORIA
Nota: A versión html é xogable en móbiles e corrixíronse algúns erros. Se tes problemas de rendemento co xogo en navegador (vídeo a saltos ou controis que non responden ben), proba a descargalo para Windows, Linux ou Mac.
Creado para a Amorodo Jam 2025. A medio camiño entre xogo e homenaxe á miña nai; entre historia interactiva e minixogos de puzzle; entre lembranzas e pasado colectivo; entre patrimonio e vivencias persoais.
Sinopse: Entra na casa da miña nai. Mostrarache o que significa para ela palillar, e como este "pasatempo" se converte no fío condutor que a conecta coa comunidade. Visita algunhas lembranzas que me veñen á mente cando a visito. E ollo a Cleo, que coido que ventou o Gatipedro polas contornas!!
Controis: Movemento co rato. Agás para o xogo de "enfiar e palillar", que require o uso dos dous botóns do rato, para o resto só fai falta o botón esquerdo do rato.
Información dos recursos utilizados: Visita os créditos do xogo ^^
Se detectas calquera erro ou fallo, por favor, avísame!
Status | Released |
Platforms | HTML5, Windows, macOS, Linux |
Release date | 46 days ago |
Author | Korgen |
Genre | Puzzle |
Made with | GIMP, GDevelop |
Tags | Casual, Cozy, Cute, Folklore, Indie, lyric-game, minigames, Point & Click, Short |
Code license | GNU General Public License v3.0 (GPL) |
Average session | A few minutes |
Languages | Galician |
Inputs | Mouse, Touchscreen, Smartphone |
Download
Click download now to get access to the following files:
Comments
Log in with itch.io to leave a comment.
Moi interesante facer un xogo basado en imáxes reáis!
Gustóume moito a introducción do arte galego como os petroglifos e o deseño do Gatipedr.
Moitas grazas! Dadas as limitacións que teño, tirei do que me queda máis a man, hehe. Si, a idea sempre foi mesturar historias máis persoais con temas como o patrimonio, a arte…
O gatipedro é unha pasada, pero non é meu… Está collido de Wikicommons, dun perfil chamado “Dende” que ten algúns outros debuxos na plataforma de personaxes mitolóxicos galegos, tamén moi chulos.