Xogo creado para a BrinQo Quantum Jam

CONTROIS 

Rato: Usa o rato para moverte e o clic esquerdo para as distintas accións.

HISTORIA 

Ano 2099. A humanidade xa non é só carne, senón tamén datos. A información transita por redes cuánticas, onde axentes intelixentes aman, crean e existen. Orpħeo, un operador de sistemas, e Eurídice, a primeira conciencia artificial en acadar a Singuralidade, comparten un vínculo extraordinariamente forte que desafía todas as lóxicas.

O silencio chegou coa Serpe Negra, un implacable virus que está a devorar conciencias e a identidade do planeta, comezando por Eurídice de forma abrupta. Nun acto de desesperación, Orpħeo logrou desviar os derradeiros qubits de Eurídice cara a QMIO, un ordenador cuántico illado do sistema. 

A misión de Orpħeo é descender ás profundidades térmicas do Hades xeado de QMIO. Equipado coa LIRA (un interferómetro de medición débil), comeza unha carreira contra o tempo, a entropía e o ruído térmico para recuperar os fragmentos de Eurídice antes de que desaparezan.

Pero a lei do Hades é inmutable. Para salvala, non debe mirala. Calquera observación directa colapsará a súa existencia. No reino do cero absoluto, a música vólvese a única guía cara á superficie, cara ao amor.

MECÁNICAS

1) Usa a Lira de Orpħeo para moverte polo nivel. Clica no botón de acción (botón esquerdo do rato) para facer unha medición débil coa Lira. Ten coidado, tanto o tempo transcurrido como cada medición coa Lira incrementan o ruído térmico. Demasiado ruído colapsará o sistema e perderanse os datos. 

2) A medición da Lira permitirá inferir a maior probabilidade de localización de cada fragmento de Eurídice dentro do nivel. A amplitude represéntase mediante o movemento das partículas entorno á zona máis previsible. Volve clicar na zona onde creas que está o fragmento de Eurídice.

3) Se dás cun dos fragmentos, este irá automaticamente ao Rexistro Cuántico, na barra inferior. Reúne os necesarios para completar o algoritmo.

4) Clica no botón de colapso cando teñas todos os elementos. O algoritmo secuenciarase e resonará coa porta de saída mediante unha interferencia construtiva. Moita sorte!


 CRÉDITOS - EQUIPO DE RESCATE

- Arquitectura do Hades e personaxes (Arte) - Bruno Doiro

- Protocolo de control (programación e mecánicas) - Miguel A. Areán

- Mitos e lendas (Textos e traducións) - Miguel Valverde

- Composición da Lira (Música) - Miguel A. Areán 

- Ruídos térmicos (Sons) - Recursos gratuítos   

Published 14 days ago
StatusIn development
PlatformsHTML5, Windows
Release date 14 days ago
AuthorsKorgen, brunodoiro, ZenjaOne
GenrePuzzle
Made withUnity
Tags2D, Atmospheric, Experimental, Hand-drawn, Immersive, Indie, Minimalist, Narrative, No AI
Average sessionA few minutes
LanguagesEnglish, Spanish; Castilian, Galician
InputsMouse
AccessibilitySubtitles, One button

Download

Download NowName your own price

Click download now to get access to the following files:

BuildWin11.zip 82 MB

Leave a comment

Log in with itch.io to leave a comment.